O vindeiro 5 de xuño de 2025, a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña vai acoller un novo encontro do grupo de investigación ESMAS-ES+, organizado pola Profª Elena Martín-Cancela. A xornada leva por título “Etiquetado semántico en contextos multilingües: retos e perspectivas” e reunirá o persoal investigador do proxecto para valorar os seus avances, reorganizar estratexias e coordinar as próximas actividades.
A xornada incluirá presentacións e sesións de traballo sobre o deseño de ferramentas de anotación semántica e a visibilización dos progresos do proxecto.