O Consorcio do Mestrado Mundus en Lexicografía na USC!

A semana pasada tivemos o pracer de recibir aos membros do novo Consorcio do Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía na USC. Na nova do xornal da USC están recollidos os principais resultados do encontro.

O meu agradecemento a todos os/as docentes e estudantes que participaron nas diferentes actividades de xestión, coordinación e formación, á Facultade de Filoloxía da USC pola acollida e ao equipo reitoral da USC, que representado polo Reitor, Antonio López, e a Vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, recibíunos na Reitoría.

Antonio López Díaz e María José López Couso recibiron os e as integrantes do consorcio. FOTO: Santi Alvite

FOTO: Santi Alvite
 
 

Co-funded by the European Union logo in png for web usage