Os equipos lingüístico e informático de MultiGenera e MultiComb encontrarémonos o vindeiro xoves 3 de xuño no Webinario Jugando con la Combinatoria. Será unha intensa sesión de traballo a modo de hackaton. Mais non só iso: presentaremos as ferramentas aos investigadores e investigadoras que participarán no webinario, trebellaremos con elas até que boten fume e pasarémolo ben neste encontro virtual! A sesión terá lugar a través da plataforma Zoom, entre as 09:00 e as 14:00 horas.
Xa teredes máis noticias do resultado deste frutuoso evento! #MultiGenera #MultiComb