O pasado 22 de novembro, a Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra, acolleu estudantado e profesorado das universidades de Vigo, Minho e Santiago de Compostela, para celebrar a edición anual do EMLex Wiktionary Hackfest.
Este encontro é unha magnífica oportunidade para intercambiar experiencias en lexicografía colaborativa, aprender novos enfoques e avanzar grazas ao traballo en equipo. Na edición de 2024 contamos con entradas de diionario en máis de dez linguas, entre as que podemos citar o italiano, castelán, francés, húngaro, galego, alemán, inglés, ioruba, árabe e portugués. Agradecemos a Carlos Valcárcel a cálida acollida e todo o traballo desenvolvido!