Os días 9 e 10 de outubro de 2025, na Facultade de Filoloxía da USC, celebrouse o encontro internacional Semantic Annotation, Dictionaries and AI. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Besim Kabashi, Daniel Mora, Carlos Valcárcel, Idalete da Silva Dias e Majo Domínguez, cuxas intervencións enriqueceron os debates sobre as pontes entre anotación semántica, lexicografía e intelixencia artificial. O segundo día reservouse un espazo para o diálogo e o intercambio con doutorandas/os e alumnado do mestrado EMLex, que compartiron os seus proxectos coas persoas poñentes e co público asistente, consolidando o espírito aberto e colaborativo das xornadas.