I Encontro Internacional sobre Lexicologia, Lexicografia e Terminologia em Angola

Entre os días 13 e 15 de novembro de 2024 está a ter lugar o I Encontro Internacional sobre Lexicologia, Lexicografia e Terminologia em Angola, en que participa Iván Arias, membro do proxecto ESMAS-ES+. Iván presentou hoxe, en formato híbrido, a comunicación titulada “A extração de informação categorial em corpus como método para a análise da valência semântica nominal”, na cal se centrou en aspectos metodolóxicos e na análise dalgúns resultados preliminares da anotación semántica nun corpus monolingüe en alemán, parte central da súa tese de doutoramento. A presentación deu lugar a un debate enriquecedor en que se abordaron temas como a importancia das aproximacións baseadas en corpus para a lexicografía e a complexidade de atopar exemplos de uso adecuados para incluír en recursos lexicais. Agradecemos profundamente á organización do evento e esperamos poder continuar o intercambio de impresións coas persoas participantes en futuras ocasións!