E se… o ser humano require prioridade?

X Congreso Internacional de Lexicografía Hispánica: «Variación y panhispanismo en lexicografía» celebrouse na Universidad de Murcia entre o 22 e o 25 de maio. Tiven a honra e máis o pracer de participar na súa mesa redonda presidida pola miña colega Mar Campos (USC) e na que tamén interviñeron Dolores Corbella (RAE – Universidad de La Laguna), José Ramón Morala (Universidad de León) e Francisco Carriscondo ( Universidad de Málaga). A miña proposta foi un cambio de paradigma relativo ao concepto de lexicografía bilingüe e multilingüe no caso das linguas pluricéntricas, así como -en contra de toda tendencia- o posicionamento nuclear do ser humano na ciencia – sexa como desenvolvedor@, sexa como usuari@.

 

Esta proposta non se desliga da ponencia conxunta con Iván Arias, membro do proxecto ESMAS-ES+, sobre o coñecemento lexicográfico de ChatGPT en castelán.
Avisarémosvos cando vexan a luz estas investigacións.