Estamos de parabéns!!!!!
A nosa proposta “Mulleres na Lexicografía /Women in Lexicography” acadou o 1.º posto na XIV edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero na modalidade de docencia.
Moitas gracias a tod@s @s participantes neste proxecto colaborativo que pretende visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía.
Os nosos parabéns ao EMLex / European Master in Lexicography e ao Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC e moi especialmente á Universidade de Santiago de Compostela!
Deixo aquí a ligazón por se precisades máis información: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/resolta-decimo-cuarta-edicion-premios-introducion-perspectiva-xenero