Ontoloxía 2.0.

Desde o inicio do proxecto ESMAS-ES+ (PID2022-137170OB-I00) estivemos a traballar na optimización da ontoloxía léxica creada en proxectos anteriores, co obxectivo de desenvolver un sistema taxonómico integral para a organización do coñecemento lingüístico.

Entre as novidades da nova versión da ontoloxía 2.0., que pode consultarse aquí, cabe salientar:

  • A arquitectura modular de acceso, que permite unha navegación máis detallada polos mundos e submundos en que se divide o sistema taxonómico.
  • A inclusión de novas subclases semánticas que antes non estaban complementadas e grazas ao traballo lingüístico de anotación semántica manual.
  • A inclusión de glosas para a descrición de cada (sub)categoría.
  • As descricións das relacións semánticas que permiten categorizar un elemento.
  • A inclusión de frases nominais que serven de exemplos ilustrativos para unidades léxicas de cada (sub)categoría.

A ontoloxía 2.0. encóntrase agora en acceso aberto e convidámosvos a navegar por ela e a utilizala nas vosas investigacións. A forma de cita que recomendamos é: Domínguez Vázquez, María José (2025). Ontología 2.0. ESMAS-ES+. Dispoñíbel en: https://grupoportlex.github.io/ontologia/.

Vista da páxina da Ontoloxía 2.0.