Na conferencia de Carlos Valcárcel tivemos a oportunidade de aprender no Lexicography on the road diferentes facetas da Lexicografía Colaborativa.
Xunto coa presentación dos fundamentos da Lexicografia Colaborativa e os tipos de recursos, o Prof. Valcárcel presentou un estudo estatístico de diferentes edicións dos Wiktionarios en linguas románicas. Dende o meu punto de vista, o workflow e as xerarquías aplicadas no desenvolvemento destes recursos – presentadas hoxe polo miúdo – son especialmente útiles para a xestión de equipos humanos e reflexan o que sucede no traballo cotiá: os diferentes grados de implicación.
O debate posterior foi especialmente interesante: incluso tentamos debuxar as liñas mestras da Lexicografía do futuro.
Coma sempre, moitas gracias a Carlos Valcárcel!