Á captura de metáforas en patróns verbais con ChatGPT!

A pasada cuarta feira, 23 de outubro de 2024, tivemos o pracer de asistir á conferencia plenaria impartida pola profesora Irene Renau da Pontificia Universidad Católica de Valparaíso, titulada “Hunting metaphors with ChatGPT”. Durante a súa comunicación, encadrada no ciclo Lexicography on the Road IV e organizada por EMLex e ESMAS-ES+, Irene Renau presentou aspectos fundamentais do proxecto Verbario, desenvolvido pola equipa de investigación Tecling baixo a súa dirección. Este proxecto aplica a metodoloxía proposta por Corpus Pattern Analysis (CPA) para a identificación tanto manual como (semi)automática de patróns verbais en español. Na fase de desenvolvemento actual, andan a experimentar con ferramentas de IA (como ChatGPT) para a identificación de estruturas metafóras sintáctico-semánticas en verbos. Pretenden, deste xeito, contribuír a unha lexicografía máis eficiente e sustentábel. Agradecemos enormemente á profesora Irene Renau por compartir este traballo connosco! Estamos desexando ter máis novidades do proxecto!

Irene Renau e o público da conferencia
Irene Renau e o público da conferencia