Hoxe, 2 de outubro de 2024, ao abeiro do ciclo de conferencias Lexicography on the Road organizado polo Mestrado Europeo en Lexicografía e o proxecto ESMAS-ES+ na USC, tivemos o pracer de escoitar a profesora Ana Salgado (CLUNL/Academia das Ciências de Lisboa), coa súa palestra titulada Dictionaries of the Lisbon Academy of Sciences: Lexicographic Challenges Through Time. Coa súa conferencia puidemos descubrir feitos tan interesantes como que o primeiro dicionario académico (publicado en 1793) non pasou do lema azurrar, o que deu lugar a algunha mofa dos propios académicos. Após moitas décadas de traballo da Academia, desde abril de 2023 contamos coa versión dixital do Dicionário da Língua Portuguesa da Academia das Ciências de Lisboa, que agora xa chega ao Z. Na segunda parte da tarde, comezou o obradoiro que rematará esta sexta feira e que se centra na presentación do sistema de redacción de dicionarios LeXmart. Desta forma, o alumnado do Mestrado e as demais asistentes tivemos a oportunidade de ver as “tripas” do actual Dicionário da Academia e até aproveitamos para crear algunha entrada! Niso continuaremos trebellando os próximos días!