PortLex (galego)
English version
Versión en español
PortLex é un portal lexicográfico multilingüe no que poderás atopar información sobre o español, galego, alemán, italiano e francés.
O proxecto de investigación PORTLEX persegue como principal obxectivo a elaboración dun corpus multilingüe anotado –alemán, español, francés, galego e italiano– e dun portal lexicográfico online, modular, reversíbel e multilingüe, metodoloxicamente sustentados na gramática e lexicografía valencial, e na análise de amplos corpus. Este proxecto é unha continuación do proxecto bilateral e bilingüe hispano-alemán “Estudo contrastivo da frase nominal en español e alemán”. PortLex foi financiado con cargo a unha axuda del Ministerio de Economía e Competitividade, coa referencia FFI2012-32456.
PortLex concibiuse na Universidade de Santiago de Compostela aínda que o elabora un equipo de investigación de carácter internacional e multidisciplinar, coa pretensión de agrupar así as investigacións realizadas en distintas institucións a nivel europeo. O proxecto PortLex forma parte da Rede de Lexicografía RELEX.