ESMAS-ES+ (Galego)
English version
Versión en español
Etiquetador semántico multilingüe automático e sostible
ESMAS-ES+
ESMAS-ES+ é un proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación/Axencia Estatal de Investigación/FEDER “Unha maneira de facer Europa” (Proxecto PID2022-137170OB-I00).
O principal obxectivo deste proxecto consiste en desenvolver e verificar un método combinado para o deseño dun prototipo de etiquetador semántico, multilingüe, automático e sostible para o alemán, español, francés e galego. A nosa proposta integra aspectos léxicos que van desde a lexicografía e a semántica léxica computacional ata as tecnoloxías para a análise do léxico e a representación formal do significado, así como a súa explotación en aplicacións informáticas.
A noso etiquetador semántico, automático e sostible precisa un método combinado multimodular, que permita describir e codificar automaticamente a complexidade dos sistemas lingüísticos, en especial, a información semántica. Partimos da hipótese de que é posible desenvolver este etiquetador semántico-categorial seguindo un método que conxugue:
- a) semántica combinatoria, ontoloxías e bases de datos léxicas,
- b) técnicas e estratexias da linguaxe natural (PLN; recuperación e extracción de información, modelos neuronais e métodos preditivos),
- c) técnicas estatísticas e
- d) ferramentas deseñadas para a xeración automática da linguaxe (XLN) e a tradución automática do caudal léxico.
Co devandito método ábrese a porta ao deseño dun recurso para a anotación semántica e explotación automática de grandes corpus en diferentes linguas —isto é, un mesmo método e técnicas semellantes para diferentes sistemas lingüísticos.
Elementos clave neste proxecto son a interoperabilidade, a integrabilidade, a sustentabilidade, a circularidade da economía lingüística e tecnolóxica, así como o multilingüismo.
Proxecto ESMAS-ES+ (PID2022-137170OB-I00) financiado por MCIN/AEI//FEDER “Una manera de hacer Europa”.