Cando as palabras atopan a súa etiqueta. Ontoloxías, anotación semántica e intelixencia artificial

O vindeiro 10 de xullo celebrarase na Casa das Campás, no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, unha xornada dedicada ás relacións entre linguaxe, anotación semántica, ontoloxías e intelixencia artificial no marco do proxecto ESMAS-ES+.

A sesión de mañá estará dedicada ao traballo interno do proxecto, arredor das metodoloxías, ferramentas e rutas semánticas desenvolvidas polo equipo investigador.

Pola tarde, a partir das 16:00 h, terá lugar unha sesión aberta baixo o título “Linguaxe que as máquinas entenden: semántica ontolóxica e IA”, dirixida a persoal investigador, doutorandos/as, alumnado e persoas interesadas. A actividade combinará presentacións, debate e un workshop práctico sobre etiquetado semántico e rutas ontolóxicas.

🟣 A sesión de tarde require inscrición previa e aínda é posible anotarse.

📍 Casa das Campás — Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo
📅 10 de xullo de 2026
🕓 Sesión aberta: 16:00–19:30 h