Sobre tendencias en lexicografía e xeración automática

Foi un pracer poder compartir co alumnado e profesorado do Programa de Doutoramento “Estudos Lingüísticos” da Universidade de Vigo os traballos que realizamos ao abeiro dos proxectos MultiGenera, MultiComb e TraduWord.

Espero que a información na web sobre os proxectos  http://portlex.usc.gal/ así como as ferramentas xa desenvolvidas http://portlex.usc.gal/combinatoria/ sexan de axuda.

Novamente agradecida ás profesoras Susana Rodríguez Barcía e Maruxa Cabeza da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo polo convite e parabéns pola excelente organización.