MultiGenera (galego)

English version
Versión en español

Xeración multilingüe de estruturas argumentais do substantivo e automatización de extracción de datos sintáctico-semánticos

MultiGenera é un proxecto de investigación financiado pola Fundación BBVA, que ten como obxectivo deseñar un prototipo para xerar automaticamente frases nominais en español, alemán e francés. A ferramenta MultiGenera posibilita, por tanto, a xeración automática de realizacións argumentais nominais dotadas de información semántica.

Este simulador multilingüe bebe das fontes da gramática e lexicografía valencial (Engel, Mel’čuk etc.) e dos traballos sobre ontoloxías para redes semánticas coma WordNet e sobre outros recursos de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), o que permitirá unha análise onomasiolóxico-conceptual de diferentes campos léxico-conceptuais de modo monolingüe e interlingüístico, e unha aproximación comparativa e contrastiva aos substantivos representantes de diferentes campos léxico-conceptuais.

Para o desenvolvemento do multixerador foi preciso desenvolver un método combinado para a recollida e análise de datos sobre a combinatoria sintagmática e paradigmática do nome:

O devandito método baséase, en definitiva, na extracción automática de datos desde recursos PLN, na análise de corpus, bases de datos de coocorrencias, wordnets e na avaliación de datos que proporcionará o propio multixerador MultiGenera para o español, alemán e francés.

Os resultados deste proxecto concrétanse no estudo da viabilidade do prototipo do simulador atendendo á combinación de métodos e á interoperabilidade de recursos así como ao desenvolvemento da propia ferramenta MultiGenera.

Como citar:

María José Domínguez Vázquez / Carlos Valcárcel Riveiro / David Lindemann: Multilingual Generation of Noun Valency Patterns for Extracting Syntactic-Semantical Knowledge from Corpora (MultiGenera). En Jaka Čibej / Vojko Gorjanc / Iztok Kosem / Simon Krek: Proceedings of the XVIII EURALEX International Congress: Lexicography in Global Contexts (ISBN 978-961-06-0097-8), Ljubljana, Slovenia: Ljubljana University Press, 847-854.

 


 

MultiTools
Artigos relacionados