A semana pasada tivemos o pracer de recibir aos membros do novo Consorcio do Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía na USC. Na nova do xornal da USC están recollidos os principais resultados do encontro.
O meu agradecemento a todos os/as docentes e estudantes que participaron nas diferentes actividades de xestión, coordinación e formación, á Facultade de Filoloxía da USC pola acollida e ao equipo reitoral da USC, que representado polo Reitor, Antonio López, e a Vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, recibíunos na Reitoría.
FOTO: Santi Alvite