Ata sempre, Ulrich Engel

Fondo pesar na comunidade científica polo pasamento de Ulrich Engel

Ulrich Engel naceu en Stuttgart en 1928, foi profesor de Xermanística na Universidade de Bonn. Estaba casado e tiña dous fillos e tres netos.

Doutorouse na Universidade de Tubinga e comezou a sua carreira profesional no ano 1955. A partir de 1970 foi director do Instituto da Lingua Alemá de Mannheim.

Ulrich Engel foi pioneiro no estudo da gramática da dependencias e valencias, así como na lexicografía monolingüe e bilingüe valencial. Igual que sucede cos átomos e a súa valencia, Engel defendía un enfoque lingüístico baseado na atracción das palabras entre sí.

A lista de publicacións de Ulrich Engel inclúe numerosas obras recoñecidas internacionalmente, como a Deutsche Grammatik (11988, 31996; Heidelberg) – coñecida entre os seus colegas como “a biblia vermella” polo seu volume e pola cor vermella das súas tapas–, Kurze deutsche Grammatik (2002; Múnich), Deutsche Grammatik – Neubearbeitung (12004, 22009; Munich), Syntax der deutschen Sprache (1994, 32009; Berlín) – nos círculos ´valenciais falábase dela como “o anxo azul”, facendo así un xogo de palabras co apelido do autor, logo que Engel significa „anxo”. Tanto a súa Gramática como a súa Sintaxe son considerados referentes a nivel internacional.

Entre as gramáticas contrastivas que dirixiu ou nas que contribuíu como autor podemos subliñar a Gramática contrastiva alemán-serbocroata (1986; Munich), Gramática contrastiva alemán-romanés (1993; Heidelberg), Gramática contrastiva alemán-polaco (1999; Heidelberg) e a Gramática comunicativa alemán-polaco (6 volumes, publicados a partir del 2010).

Xunto co estudo da Gramática e Sintaxe, Ulrich Engel lega excelentes obras sobre lexicografía valencial. Foi coautor de dicionarios de valencia: Valenzlexikon deutsch-rumänisch (1983; Heidelberg), Dictionar de verbe germane (2012 Iași), Wörterbuch zur Verbvalenz: Deutsch-Bosnisch/Kroatisch/Serbisch (2009; Múnich), Wörterbuch zur Verbvalenz Serbisch-Deutsch (2013 Munich), Valenzlexikon Deutsch-Spanisch (2017). Foi mentor, orientador e revisor de múltiples dicionarios de valencias para diferentes linguas. Con todo, isto non proporciona aínda unha descrición exhaustiva da súa carreira científica, xa que publicou innumerables ensaios, dirixiu proxectos de investigación intenacionais sobre unha ampla gama de idiomas e supervisou a estudantes e doutorandos de todo o mundo. Se alguén lle pedía axuda ou consello, recibíao.

Ulrich Engel era Doutor Honoris Causa pola Universidade de Wrocław (2000), pola Universidade de Santiago de Compostela (2002), pola Universidade de Sibiu (2008) e pola Universidade de Bukarest (2008). Foi homenaxeado e premiado en numerosas ocasións. Baixo o apadrinamento do Prof. Carlos Buján de Filoloxía Alemá foi investido Doutor Honoris Causa pola USC o 8 de Maio de 2002. O Prof. Buján subliñaba como características innatas de Ulrich Engel a súa vontade de traballo, a súa profunda capacidade crítica – tamén coas súas propias posicións – e unha habilidade especial para a descripción precisa da lingua. Sentía, asemade, un profundo orgullo da súa profesión: ser lingüista. Fascinaballe estudar o único que nos diferencia doutros seres vivos.

A súa relación coa Universidade de Santiago de Compostela foi máis aló do traballo conxunto en proxectos científicos, a impartición de seminarios e a titorización de traballos e teses de doutoramento. Segundo el mismo dicía, Santiago era para él como „un amor serodio”. „O lume deses amores, anque espirituais e menos punxentes que os que coñecemos ben polas biografias literarias como a de Goethe, manterá viva de seguro a sua relación connosco.” [Discursos da investidura de D. Ulrich Engel como Doutor “Honoris Causa” na USC].

Detrás de tales logros había paixón e dedicación. Sentía orgullo da súa profesión: ser lingüista, xa que lle fascinaba estudar o único que nos diferencía doutros seres vivos. Non todo o mundo sabe que as súas cancións preferidas eran Ich möchte so gerne hüpfen und Im tiefen Keller sitz ich hier, o seu libro preferido O Cantar dos Nibelungos, entre os poemas, Rilke.

Rodeado dos seus seres queridos deixounos o 22 de maio. Ata sempre, amigo.

 

Ulrich Engel e María José Domínguez
Ulrich Engel e María José Domínguez. Foto: IdS