O proxecto de investigación PORTLEX persegue como principal obxectivo a elaboración dun corpus multilingüe anotado – alemán, español, francés, galego e italiano –e dun portal lexicográfico en liña, modular, reversíbel e multilingüe, metodolóxicamente sustentados na gramática e lexicografía valencial e na análise de amplos corpora. Este proxecto é una continuación do proxecto bilateral e bilingüe hispano-alemán „Estudio contrastivo de la frase nominal en español y alemán“ (financiado pola Xunta de Galicia; INCITE09 204 074 PR) .
PORTLEX foi concebido na Universidade de Santiago de Compostela se ben se está a elaborar por un equipo de investigación de carácter internacional e multidisciplinar, pretendéndose así a conxunción das investigacións realizadas en distintas institucións a nivel europeo. É financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad (FFI2012-32456).