Congreso Internacional en lexicografía_gal
15927
page-template-default,page,page-id-15927,bridge-core-1.0.7,ecwd-theme-parent-bridge ecwd-theme-child-bridge-child,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-content-sidebar-responsive,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-18.2.1,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive

Congreso Internacional en Lexicografía

              

Congreso internacional
A lexicografía en España e Galicia. Tecendo redes
Facultade de Filoloxía. Universidade de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020 CANCELADO

 

O Congreso Internacional  A lexicografía en España e Galicia. Tecendo redes celebrarase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o 18 de setembro de 2020.

 

O principal obxectivo deste congreso internacional é a posta en común das diferentes liñas de investigación que se desenvolven en España e en Galicia no campo da lexicografía e as novas tecnoloxías. Por tanto, a temática non se cingue exclusivamente á lexicografía da lingua española ou galega, senón á lexicografía que se desenvolve nestes territorios, independentemente das linguas obxecto de estudo.

 

O encontro articúlase arredor da presentación de liñas de traballo, así como de proxectos e recursos lexicográficos ou de aplicación lexicográfica (atendendo especialmente á interoperabilidade dos recursos). Estas presentacións estarán enmarcadas noutras máis xerais sobre a lexicografía desenvolvida en España e Galicia. O congreso concluirá cunha mesa redonda sobre os principais retos, dificultades e necesidades da lexicografía na actualidade.

 

Anunciaron xa a súa participación no congreso as seguintes investigadoras e os seguintes investigadores:

 

Rosario Álvarez (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela)

Pedro Álvarez de Miranda (Real Academia Española, Universidad Autónoma de Madrid)

Dolores Azorín Fernández (Universitat d’Alacant-Universidad de Alicante)

María Bargalló Escrivà (Universitat Rovira i Virgili)

Cesáreo Calvo Rigual (Universitat de València)

Natàlia Català (Universitat Rovira i Virgili)

Dolores Corbella Díaz (Real Academia Española, Universidad de la Laguna)

Alejandro Fajardo Aguirre (Universidad de la Laguna)

Pedro Antonio Fuertes-Olivera (Universidad de Valladolid)

Marcos García (Universidade da Coruña)

Cecilio Garriga Escribano (Universitat Autònoma de Barcelona)

Xavier Gómez Guinovart (Universidade de Vigo)

Ernesto González Seoane (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela)

Concepción Maldonado González (Universidad Complutense de Madrid)

José Mateo Martínez (Universitat d’Alacant-Universidad de Alicante)

María Dolores Sánchez Palomino (Universidade da Coruña)

Julia Sanmartín Sáez (Universitat de València)

María Isabel Santamaría Pérez (Universitat d’Alacant-Universidad de Alicante)

Félix San Vicente (Università di Bologna)

Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo)