About the European Master in Lexicography
22
page-template-default,page,page-id-22,bridge-core-1.0.7,ecwd-theme-parent-bridge ecwd-theme-child-bridge-child,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-content-sidebar-responsive,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-18.2.1,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive

About the European Master in Lexicography

No curso académico 2019-2020, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, membro do Consorcio responsable do Máster en Lexicografía Erasmus Mundus, EMLEX, será o escenario do período de mobilidade deste máster e acollerá á promoción «María Moliner».

 

O EMLEX, que ten o selo Mundus da Comunidade Europea, é impartido por un consorcio de oito universidades, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, ten como  obxectivo a formación de  especialistas en lexicografía desde unha perspectiva teórica e práctica e, á súa vez, a promoción da mobilidade dos estudantes e o intercambio científico transnacional.

 

Por este motivo, profesores e estudantes de todas as universidades do Consorcio e partes do mundo viaxan a Santiago de Compostela durante o segundo cuadrimestre do curso académico 2019-2020,  creándose así unha rede humana e científico moi especial.

 

A recepción de estudantes e profesores de todas as partes do mundo unidos por un interese común, a lexicografía, é motivo de celebración para a nosa Facultade. Esta comunidade universitaria ten un selo de identidade composto por palabras clave como:

 

 

Links