PORTLEX é un portal lexicográfico multilingüe onde poderás atopar información sobre o español, galego, alemán, italiano e francés.
O principal obxectivo deste dicionario modular e multilingüe é servir de ferramente útil para todos aqueles que desexen coñecer o funcionamento da frase nominal en diferentes linguas. PORTLEX está concebido para diferentes usuarios e diferentes perspectivas de uso, tendo, polo tanto, aplicación na ensinanza e aprendizaxe de linguas así como na tradución.
Que podes buscar en PORTLEX?
Descarga o manual do usuario (en castelán).
- Información multilingüe: Aporta información do español, alemán, galego, italiano e francés.
- Información contrastiva: Permite obter datos sobre dúas linguas en contraste así como módulos contrastivos para dúas ou máis linguas.
- Información reversíbel e multilateral: Posibilita a busca de información partindo de cada una das linguas e en calquera dirección.
- Información monolingüe: Permite acceder a datos dunha única lingua.
- Información valencial: Dá información sobre a combinatoria do substantivo.