gl API

GET senses
Require que se introduza un lema e devolve os offsets nos que está presente. Por exemplo, con ?label=casa obtense:
[{"offset":"00097840-r"},{"offset":"02919792-n"},{"offset":"03259505-n"},{"offset":"03544360-n"},{"offset":"08078020-n"},{"offset":"08559508-n"}]
GET lemmas
Require que se introduza un offset e devolve os lemas que contén. Por exemplo, con ?offset=02958343-nobtense:
[{"label":"auto"},{"label":"autom\u00f3bil"},{"label":"coche"},{"label":"turismo"},{"label":"utilitario"}]
Opcionalmente, admite a variábel minus para excluír unha variante do conxunto da saída; é dicir, ofrece as variantes sinonímicas do lema minus co sentido de offset. Por exemplo, con ?offset=02958343-n&minus=automóbil obtense:
[{"label":"auto"},{"label":"coche"},{"label":"turismo"},{"label":"utilitario"}]
GET related offsets
Require que se introduzan dous valores: un offset e unha relación, devolve os recursos cos que está relacionado o offset de orixe. Os valores posíbeis para a variábel relación son: has_hyponym has_hyperonym has_xpos_hyponym has_xpos_hyperonym near_antonym has_mero_part has_mero_madeof has_mero_member has_holo_part has_holo_member has_holo_madeof has_subevent verb_group is_subevent_of causes is_caused_by category category_term region region_term usage usage_term near_synonym related_to has_derived is_derived_from pertains_to has_pertainym see_also_wn15 glosses_gloss glosses_rgloss .
Véxanse, por exemplo, os resultados con ?offset=15098161-n&relation=has_hyponym. Opcionalmente, a relación has_hyponym admite a variábel subcategories, que só pode ter o valor "on", para explorar a hiponimia recursivamente desde un offset e ofrece como saída os lemas e o offset de todos os hipónimos. Véxanse, por exemplo, os resultados con ?offset=02958343-n&relation=has_hyponym&subcategories=on.
GET ontology category labels
Require que se introduzan dous valores: unha ontoloxía e unha categoría desa ontoloxía, devolve os lemas co seu offset que están relacionados coa categoría. Os valores posíbeis para a variábel ontoloxía son: domains top sumo epinonyms .
Véxanse, por exemplo, os resultados con ?ontology=sumo&category=LinguisticCommunication. Opcionalmente, admite a variábel subcategories, que unicamente admite o valor "on", para incluír na saída os lemas co seu offset en todas as subcategorías da categoría ontolóxica seleccionada. Véxanse, por exemplo, os resultados con ?ontology=sumo&category=LinguisticCommunication&subcategories=on. Cómpre ter en conta que a ontoloxía epinonyms require que o parámetro 'category' teña formato de ILI (InterLingual Index). Véxanse, por exemplo, os resultados con ?ontology=epinonyms&category=ili-30-13583724-n&subcategories=on.
GET primes
Require que se introduza un primitivo semántico (ficheiros lexicográficos de WordNet) e devolve os offsets e os lemas que contén. Úsase só para obter substantivos e ofrece resultados moi extensos. Probe, por exemplo, con ?prime=artifact. Os valores posíbeis para a variábel relación son: act animal artifact attribute body cognition communication event feeling food group location motive object person phenomenon plant possession process quantity relation state substance time
curl example
Exemplo de uso utilizando curl desde un terminal: curl http://portlex.usc.gal/develop/gl/api/ -d "ontology=top" -d "category=Human" -H "Accept: application/json"